Servizos

Saber máis

Quero participar

Estes son os 10 servizos ALENTO dispoñibles para axudarte a conectar cos teus clientes e mellorar a comunicación co teu público obxectivo.

Os servizos son gratuitos.

*As contraprestacións finais incluidas nos servizos adaptaranse a realidade de cada persoa emprendedora e no caso dos servizos “Accións de Márketing Dixital”, “Gráficas publicitarias”, “Estratexia de Comunicación” e “Vídeo Márketing» as contraprestacións finais acordaranse entre cliente-proveedor en función do posible contido proposto.

*Só se poderá solicitar un servizo por persoa emprendedora.

Imaxe Corporativa

Obxectivo

Que as novas empresas conten con unha imaxe coporativa profesional que recolla a proposta de valor da empresa e lle facilite o acceso o mercado.

Que obteño?

Imaxe coporporativa profesional con ata 5 aplicacións.

Posible contido

● Deseño do logotipo (2 versións iniciais e máximo 2 cambios sobre a opción seleccionada).

● Manual de identidade corporativa.

● Aplicacións prácticas (ata 5).

● Arquivos dixitais coas variantes do logotipo para o seu uso.

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 2.500 €

Web Corporativa

Obxectivo

Facilitar a presenza das marcas no entorno dixital co fin de xerar maior credibilidad aos clientes.

Que obteño?

Web corporativa autoxestionable e funcional

Posible contido

● Deseño e desenvolvemento web ata 5 apartados.

● 1 idioma.

● Optimización SEO (básico).

● Autoxestionable.

● Formación básica para mantemento da web.

● Subida inicial de contidos e edición dalgunhas imaxes.

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 2.500 €

Ecommerce

Obxectivo

Posibilitar a venda dos productos ou servizos das novas empresas na canle online.

Que obteño?

Dispoñer dunha tenda online ou ecommerce autoxestionable.

Posible contido

● Deseño e desenvolvemento de tenda online.

● Maquetación ata 5 seccións estáticas + Catálogo.

● Implemetación de 1 método de pago.

● Loxística: Configuración básica de portes.

● Optimización SEO. Autoxestionable.

(Non incluido subida de produtos agás os automáticos).

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 3.200 €

Accións de Márketing Dixital

Obxectivo

Axudar ás novas empresas a conectar cos clientes e promocionar os seus productos ou servizos na canal online.

Que obteño?

Posta en marcha das redes sociais da empresa e/ou optimización das mesmas. Accións publicitarias online para a captación de clientes.

Posible contido

Posibles accións a desenvolver neste servizo son:

● Definición da estratexia: obxectivos, canles e KIPs.

● Posta en marcha redes sociais. Alta e configuración de perfís (hasta 3) ou optimización das mesmas.

● Definición de línea gráfica e de comunicación.

● Creación de plantillas en Canva ou similar (máximo 5).

● Creación de contidos calenderizados para 1 mes.

● Deseño de newsletter. Alta e configuración xestor de mailing e automation.

● Posta en marcha de publicidade online ‐ Deseño e configuración de campañas en google ads e Social Ads ou outras plataformas dixitais.

● Creación dun embudo de vendas.

● Inversión publicitaria dixital de ata 1.000 euros.

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 4.000 €

Gráficas Publicitarias

Obxectivo

Conseguir atraer a atención do público obxectivo cara os produtos/servizos das empresas, estimular as vendas e conseguir mellorar o posicionamento das marcas a través de publicidade creativa.

Que obteño?

Peza(s) gráfica(s) publicitaria(s) adaptadas a distintos soportes.

Posible contido

● Estratexia creativa.

● Planificación, creación e deseño de gráficas publicitarias tanto para offline como online.

● Peza gráfica publicitaria e adaptación a outros soportes.

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 3.000 €

Plan de Márketing

Obxectivo

Axudar ás novas empresas a analizar a competitividade do seu produto ou servizo no mercado e establecer accións concretas para alcanzar os seus obxectivos de vendas.

Que obteño?

Documento que recollerá as estratexias e acccións que unha empresa empregará para alcanzar os seus obxectivos de marca e vendas.

Posible contido

Entrega dun informe co seguinte contido:

Marketing estratéxico
1. Identificación de Core Target e segmentación do mercado.
2. Definición de Posicionamento.
3. Identificación das Vantaxas competitivas.

Márketing operativo
1. Definición da Política estratéxica de Produto: produto básico e aumentado. Suma de valor.
2. Definición da Política estratéxica do Prezo.
3. Identificación das canles de venda adecuados ao posicionamento definido e definición da política de trade marketing.
4. Definición da política de comunicación da empresa e identificación das ferramentas axeitadas á estratexia.

Marketing relacional
Cálculo do valor de vida do cliente e identificación de ferramentas que permitan a optimización deste valor: MGM, vendas cruzadas….

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 4.500 €

Investigación de Mercados

Obxectivo

Permite coñecer a realidade do mercado obxectivo do emprendedor e estudar a súa viabilidade.

Que obteño?

Documento con información real e obxectiva sobre a demanda/clientes das novas empresas e a súa competencia.

Posible contido

● Dimensionamento e descrición da demanda.

● Investigación da súa competencia.

● Test de concepto e/ou produto.
Inclue o deseño e a definición da metodoloxía e un proxecto documentado.
Non inclúe traballo de campo nin análise.

● Emprego de fontes secundarias, non primarias.

● Entrega dun informe completo e presentación de resultados.

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 3.000 €

Estratexia de Comunicación

Obxectivo

Impulsar a visibilidade das marcas nos seus mercados para captar a atención de posibles clientes potenciais.

Que obteño?

Plan de comunicación con liñas estratéxias e accións concretas de comunicación para a empresa

Posible contido

● Definición e asesoramento de estratexia de comunicación online e offline.

● Asesoramento en planificación pubicitaria.

● Definición e asesoramento en estratexia de relacións públicas.

● Definición e asesoramento en xestión das relacións cos medios de comunicación.

● Dúas sesións de consultoría estratéxica (1 horas/sesión).

● Entrega de documento coas liñas estratéxicas dun plan de comunicación con recomendación de accións online/offline axeitadas para á empresa (orientación de contidos, eventos e accións estratéxicas concretas, relacións cos medios de comunicación, etc.)

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 3.500 €

Vídeo Márketing

Obxectivo

Chamar a atención dos potenciais clientes a través do uso dunha ferramenta número un dos contidos: o vídeo.

Que obteño?

Vídeo corporativo/promocional ou social vídeos profesionais para RRSS.

Posible contido

OPCIÓN A: VIDEO CORPORATIVO ou PROMOCIONAL

● Posibilidade de ata 2x xornadas de rodaxe nas instalacións do cliente e/ou emprego de material remitido polo cliente.

● Edición de video.

● Deseño de grafismo acorde á identidade corporativa.

● Inserción de cartelas e rótulos no video.

● Deseño de audición e edición.

● Locución (1 idioma).

● Exportación para diferentes medios (tv, rrss, presentacións).

● Edición e adaptación de ata 3x pezas para rrss a partir dese contido.

OPCIÓN B: VIDEOS PARA RRSS (ata 6 de máx.30″)

● Video de archivo ou banco de imáxes con dereitos pagados.

● Video de contidos do cliente.

● Edición de video. Inserción de grafismo básico en video.

● Deseño de audio e edición.

● Exportación de video final de 4 piezas en formato horizontal ou vertical para RRSS.

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 2.800 €

Impresión

Obxectivo

Contar con produtos publicitarios que axuden ás empresas a darse a coñecer ou promocionar os seus produtos ou servizos.

Que obteño?

Acceso a produtos de impresión comercial (catálogos, folletos, tarxetas, lonas, roll ups,etc.) e merchandising.

Posible contido

● Impresión en traballos comerciais (folletos, catálogos,etc.).

● Impresión de traballos en gran formato (lonas,etc.).

● Impresión de PLV.

● Merchandising (bolígrafos, bolsas, etc.).

Valor

Esta iniciativa conta con un valor de ata 2.000 €

DESCARGA AQUÍ O CATÁLOGO DE SERVIZOS ALENTO RESUMIDO